Novas

Novas do Concello

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO E RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS

Adxuntamos modificación da ORDENANZA FISCAL NUM.7 REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO E RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS, segundo a cal se pode solicitar a exención e bonificación do pago por recollida de lixo e residuos sólidos urbanos para autónomos e pymes eximidos da taxa no programa de axudas pola covid 19, por ter a consideración de negocio pechado.

O CONCELLO MELLORA UNHA ESTRADA QUE UNE AS PARROQUIAS DE SANTO TOMÉ E SAN ADRIANO

Lourenzá, 3 de marzo de 2020. O Concello de Lourenzá mellora unha estrada que comunica as parroquias de Santo Tomé e San Adriano.

A alcaldesa, Rocío López, explica que as obras lévanse a cabo “nun tramo de preto de 4 quilómetros do firme da estrada que vai desde Castiñeiras Verdes ata As Pantigueiras. Esta obra é posible grazas ao Plan Único da Deputación de Lugo do 2019, cun presuposto total de 150.749 euros”.

A CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS ORGANIZA ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER O MARTES, O MÉRCORES E O VENRES DESTA SEMANA

Lourenzá, 2 de marzo de 2020. A Concellería de Servizos Sociais organiza actividades para conmemorar o Día da Muller o martes, o mércores e o venres desta semana.

Mañá, martes, e o mércores de 17:00 a 20:00 horas terá lugar na sala do Torreón dos Frades o obradoiro Construíndo o 8M, actividade na que os participantes deberán levar unha camiseta branca para pintala.

A ALCALDESA E O CONCELLEIRO DE CULTURA ENTREGARON OS PREMIOS DO CERTAME DE POESÍA DE NADAL ORGANIZADO POLA BIBLIOTECA MUNICIPAL

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, entregaron os premios do certame de poesía de Nadal organizado pola biblioteca municipal. O acto celebrouse na tarde de onte, xoves.

A relación de galardoados é a seguinte:

Categoría A:

Claudia Pérez Centeno
Bilal Maaji
Miguel Mourelle Crespo

Categoría B:

Daniel Couso Cazón

Distribuir contido