Novas

Novas do Concello

Nerea Lombardero, Subcampiona galega infantil de Fútbol Sala Feminino!!!

Nerea lombardero,xogadora das escolas que milita no equipo infantil de fútbol do Talleres CARDI e no Maderas Barcia de fútbol sala acaba de proclamarse subcampiona galega co combinado lucense no campeonato de selecións comarcais.

Na fase de grupo derrotaron 2-0 a ferrol,4-1 a santiago e 3-1 a ourense;donde Nerea logrou anotar 3 goles e deu numeras ocasións de gol sendo unha das artífices do pase do combinado lucense á final.

Alex Villalba e Loli Piñeiro ganan o Duatlon de Valdepares 2018 no Concello de El Franco (Asturias). Títulos ademáis para Pedro Moirón, Ian Méndez, Henar Méndez e Cristian Piñeiro en menores.!!!

RESULTADOS:

Prebenxamín:

1º- Pedro Moirón. 3º- Javi Ferreiro.

Benxamín Feminino:

1ª- Henar Méndez. 2ª- Emma García

Benxamín Masculino:

2º- Luís Berdeal. 3º- Roi De La Plaza

Alevín Masculino:

1º- Ian Méndez

Infantil Masculino:

3º- Samuel Debasa

Xuvenil Masculino:

1º- Cristian Piñeiro

Sénior Masculino:

1º- Alex Villalba. 4º- Juan Luís Méndez

Sénior Feminino:

1ª- Loli Piñeiro

Veterano Masculino:

3º- Rubén García

 

5 guerreiras cadetes no Cto. Galego de Pista Cuberta Cadete mañá en Ourense. Go!!!

5 atletas con marca acaban de ser admitidas para o Cto. Galego cadete a disputar mañá sábado en Ourense. Éstas son as elexidas:

Carme Alonso para 3000 lisos. Parte coa 5ª mellor marca (12,03) pero sae dunha lesión e intentará estar o máis arriba posible.

Ainara Rguez para 6oo lisos. Sae para a final coa terceira mellor marca(1,44) pero intentará ganar o título buscando marca para o Campionato de España do vindeiro fin de semana.

HOXE CELEBROUSE DIANTE DA CASA DO CONCELLO UNHA CONCENTRACIÓN A PROL DA IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES. TAMÉN SE INAUGUROU UNHA EXPOSICIÓN E HOUBO UNHA CHARLA. ESTE DOMINGO TERÁ LUGAR UNHA COMIDA NO RECINTO FEIRAL

Hoxe, xoves, celebrouse diante da Casa do Concello de Lourenzá unha concentración a prol da igualdade entre homes e mulleres. Tamén se inaugurou unha exposición e houbo unha charla. Este domingo, día 11, ás dúas da tarde terá lugar no recinto feiral unha comida. Todos estes actos desenvólvense para conmemorar o Día da Muller en Lourenzá.

O Máderas Barcia Lourenzá consolídase entre os mellores con 2 ouros e 2 pratas no Galego de menores!!!

Fernando Vallines. Subcampión de peso infantil con 11,63

Carlos Docampo. Campión galego de altura alevín on 1,27

Iria Rguez. Sucampiona galega de 1000 lisos alevín con 3,27.

Manuel Rguez. Campión Galego de 2000 infantil. Con un estratosférico 6,46,98

Ademáis, destacaron:

Angela Rguez. 4ª en 500 benxamín con 1,50 e 5ª en 50 lisos con 9,06

Sara Otero, 7ª en 50 lisos benxamín con 9,17

Aarón Millares, 10º en altura alevín con 1,08

David Martínez, 9º en altura infantil con 1,29

Noa Valiña, 4º en altura alevín con 1,22

A armada laurentina, no Galego de Pista cuberta xuvenil e menores en Ourense!!!

Varios atletas das Escolas estarán representándonos este vindeiro fin de semana en Ourense:

En categoría xuvenil mañá sábado Claudia Graña nos 60 valados.

E xa o domingo as balas admitidas por marca que acudirán ó galego de menores son:

Izan Rivas: 60.

Manuel Rguez. 2000

David Martínez. Altura.

Aarón Millares. Altura.

Carlos Docampo. Altura.

Hugo López. Lonxitude e 500.

Fernando Vallines. Peso.

Ángela Rguez.. 50 e 500.

Sheila López. 50 e 500.

Sara Otero. 50.

Iria Rguez. 1000

Iria Otero. 2000.

O CONCELLO DE LOURENZÁ DÁ A COÑECER A CONVOCATORIA DOS PREMIOS SON MULLER 2018, DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DA PROVINCIA DE LUGO

O Concello de Lourenzá dá a coñecer a convocatoria da primeira edición dos premios Son Muller 2018, iniciativa que organiza a Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo.

Os premios Son Muller 2018 teñen tres categorías (Son Emprendedora, Son Empresaria e Son Empresaria Rural) e reparten un total de 3.000 euros, sendo os primeiros premios que se convocan en Lugo que renden homenaxe ás mulleres emprendedoras, empresarias e empresarias rurais.

Distribuir contido