Novas

Novas do Concello

Premios Concello de Lourenzá ó Deporte. 2016/2017. Gala de premiación

Coa presentación a cargo do periodista Anxo Rivas e coa actuación do artista Pablo Trasno, un dos referentes do Novo Circo Galego comenzou a Gala dos Premios do Concello de Lourenzá ó Deporte dos méritos dos deportistas da pasada temporada 2016/2017.

Estiveron presentes, entre outros. a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, así como os concelleiros Franciso Dasilva, Mercedes Dengra e Miguel Castrillón.

A VIII Edición da Val das Fabas 2017, LANZADA!!! Presentación OFICIAL!!!

Coa presencia da nosa alcaldesa Dª. Rocío López, do noso presidente D. Pablo Maseda, do Concelleiro de deportes D. Francisco Dasilva, da deputada provincial Dª. Mayra García, e do representante da Cooperativa Terras da Mariña Lourenzá, José Cuadrado; presentouse no día de onte no consistorio laurentino a VIII edición da nosa popular Val das Fabas 2017!!!

Lembrade que as inscripcións estarán abertas ata o vindeiro martes día 26 de setembro. Agora mesmo estamos nos 200 participantes!!! Go!!!

UNHA UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ EN LOURENZÁ DO 21 AO 26 DE SETEMBRO.

Lourenzá, 13 de setembro de 2017. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, ven de editar un bando no que anuncia que unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará na localidade entre os días 21 e 26 deste mes de setembro, situada no Mercado Comarcal Gandeiro.

Rocío López, indica neste bando que “a unidade móbil 4 de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao Concello de Lourenzá nas datas do 21 / 9 / 2017 ao 26 / 9 / 2017 e situarase no Mercado Comarcal Gandeiro de Lourenzá”.

HOXE FOI PRESENTADO O CARTEL DA XXVII EDICIÓN DA FESTA DA FABA DE LOURENZÁ, QUE FOI ELABORADO POLO LAURENTINO IGNACIO CASTRO, COÑECIDO ARTISTICAMENTE COMO NACHOK. PARA EL ESTE ENCARGO FOI UNHA HONRA E UN DESAFÍO.

Lourenzá, 12 de setembro de 2017. Hoxe, martes, foi presentado o cartel da XXVII edición da Festa da Faba de Lourenzá, que foi elaborado polo laurentino Ignacio Castro, coñecido artísticamente como Nachok. Para el este encargo foi unha honra e un desafío.

O CONCELLO DE LOURENZÁ ABRE ESTE VENRES O PRAZO PARA A OBTENCIÓN DO NOVO CARNÉ DE FABEIRO, OBRIGATORIO PARA VENDER NOS MERCADOS DOMINICAIS QUE EMPEZARÁN O DÍA 24 DESTE MES

Lourenzá, 11 de setembro de 2017. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, ven de editar un bando no que advirte da necesidade de que os produtores teñan o carné de fabeiro para vender nos mercados dominicais da faba que darán comezo o vindeiro día 24. O prazo para a renovación deste carné abrangue do día 15 ao 29 deste mes de setembro e os produtores deben solicitalo na Casa do Concello en horario de 08:30 a 14:00 horas.

A CONCELLERÍA DE XUVENTUDE ORGANIZA UN TALLER GRATUÍTO DE COACHING QUE COMEZARÁ NESTE MES DE SETEMBRO. O PRAZO PARA INSCRIBIRSE REMATA O DÍA 18.

Lourenzá, 8 de setembro de 2017. O Concello de Lourenzá, a través da Delegación Municipal de Xuventude, organiza un taller gratuíto de coaching que comezará neste mes de setembro e terá unha duración de 35 horas. O prazo para inscribirse está aberto e rematará o día 18.

Trátase dun taller gratuíto destinado a mozos de 16 a 29 anos de idade no que se impartirán técnicas de motivación para a busca de emprego, comunicación e habilidades.

Distribuir contido