Novas

Novas do Concello

O GRUPO OS PALIMOQUIÑOS, DE LUGO, GAÑOU O PREMIO CONDE SANTO Á MELLOR REPRESENTACIÓN NO IV CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ.

Lourenzá, 18 de decembro de 2022. Na noite de onte, sábado, nun multiusos ateigado de público celebrouse a gala de entrega de premios do IV Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá. O premio Conde Santo á mellor representación, dotado con 750 euros, recaeu na obra E se todo se reducise ao amor, de Os Palimoquiños, de Lugo.

A PRAZA DO CONDE SANTO ACOLLE UNHA NOVA VILA DE NADAL ELABORADA ARTESANALMENTE, CON MÁIS ESCEAS E FIGURAS QUE O ANO PASADO. E NO BARRIO DE GRACIA HAI UNHA ESTAMPA DO POLO NORTE.

Lourenzá, 5 de decembro de 2022. Na Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá, acaba de ser instalada unha nova Vila de Nadal elaborada artesanalmente, que conta con máis escenas e figuras que a do ano pasado. E ademais no barrio de Gracia hai unha estampa do Polo Norte para ambientar Lourenzá nestas datas.

ESTE DOMINGO REMATAN AS REPRESENTACIÓNS DAS OBRAS PRESENTADAS A CONCURSO NO IV CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO CONCELLO DE LOURENZÁ

Lourenzá, 23 de novembro de 2022. Este domingo, 27 de novembro, rematan as representacións das obras presentadas a concurso no IV Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá. Será coa obra O documento, do grupo Ollomao, de Barreiros. O horario da representación, que foi modificado respecto á programación inicial, será ás 18:30 horas no multiusos Ponte de Cuñas.

REPRESENTANTES DA MESA COORDINADORA DON PACO, QUE PREPARA ACTIVIDADES PARA HONRAR A FERNANDÉZ DEL RIEGO EN 2023, REUNÍRONSE CON RESPONSABLES DA XUNTA DE GALICIA, DA DEPUTACIÓN DE LUGO E DA FUNDACIÓN PENZOL.

Lourenzá, 3 de novembro de 2022. Representantes da Mesa Coordinadora Don Paco, constituída en Lourenzá para organizar actividades na honra de Francisco Fernández del Riego no vindeiro ano 2023, mantiveron reunións con responsables da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e da Fundación Penzol.

Distribuir contido