Novas
O VINDEIRO MARTES, 1 DE NOVEMBRO, COMEZA O IV CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO CONCELLO DE LOURENZÁ NO MULTIUSOS PONTE DE CUÑAS.
Lourenzá, 26 de outubro de 2022. O vindeiro martes, 1 de novembro, ás 20:30 horas dará comezo no multiusos Ponte de Cuñas o IV Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá.
LOURENZÁ ACOLLE ESTE DOMINGO 23 A II FEIRA EXPOSICIÓN DO CABALO GALEGO NA PARTICIPARÁN EXEMPLARES DAS PROVINCIAS DE LUGO, A CORUÑA E PONTEVEDRA
Vilanova de Lourenzá acollerá este domingo, día 23, desde as 09:30 horas a segunda edición da Feira Exposición do Cabalo Galego, na que participarán exemplares procedentes das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. O evento foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e tres representantes da organización: Isabel Casariego, da Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA) e os laurentinos Diego Terrón e Zaira Braña.
SELECCIONADOS OS NOVE GRUPOS QUE PARTICIPARÁN NO IV CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO ORGANIZADO POLO CONCELLO, QUE SE CELEBRARÁ NO NOVO MULTIUSOS PONTE DE CUÑAS
Lourenzá, 10 de outubro de 2022. O Concello de Lourenzá dá a coñecer os nove grupos que participarán no IV Certame de Teatro Afeccionado, que se celebrará no mes de novembro no novo local multiusos Ponte de Cuñas.
ESTE VENRES COMEZAN AS ACTIVIDADES DA XXX FESTA DA FABA, QUE SE DESENVOLVERÁN ATA O DOMINGO
Mañá, venres, comezan as actividades da trixésima edición da Festa da Faba de Lourenzá, declarada de Interese Turístico Galego. Os actos desenvolveranse ata o domingo, 2 de outubro.
CONSTITUÍDA A MESA DON PACO PARA COORDINAR TODAS AS ACTIVIDADES QUE SE ORGANICEN DESDE LOURENZÁ PARA HOMENAXEAR A DEL RIEGO NO ANO 2023
Este mércores, día 21, tivo lugar na Casa do Concello de Lourenzá unha reunión da Mesa Coordinadora Don Paco. Este grupo de traballo ten como obxectivo principal coordinar, canalizar e promover todos os actos e actividades que dende Lourenzá se fagan para homenaxear a figura de Francisco Fernández del Riego, Fillo Predilecto do Concello, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas o próximo ano 2023. A súa finalidade é ser a entidade de referencia na promoción dos actos que dende Lourenzá se organicen.
ESTE SÁBADO, DÍA 24, COMEZA UNHA NOVA EDICIÓN DA RUTA DA FABA DE LOURENZÁ E OS INTERESADOS EN PARTICIPAR PODEN INSCRIBIRSE ATA O VENRES
Este sábado, día 24, comeza unha nova edición da Ruta da Faba de Lourenzá, iniciativa que acaba de ser premiada polo Consello Provincial de Turismo. Os interesados en facer este percorrido turístico e gastronómico este sábado poden inscribirse ata o venres.
A LAURENTINA MARINA OURAL VILLAPOL SERÁ A PREGOEIRA DA FESTA DA FABA 2022
A laurentina Marina Oural Villapol será a pregoeira da trixésima edición da Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 30 de setembro ao 2 de outubro. A lectura do pregón está programada para o sábado 1 de outubro ás 12 horas na praza do Conde Santo.
PRESENTADO O CARTEL DA XXX FESTA DA FABA, QUE SE CELEBRARÁ DO 30 DE SETEMBRO AO 2 DE OUTUBRO
Lourenzá, 7 de setembro de 2022. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o concelleiro de Cultura e Festexos, Manuel Arango Ron, presentaron o cartel da XXX Festa da Faba, que se celebrará entre o 30 de setembro e 2 de outubro. O cartel escollido este ano polo Concello de Lourenzá é obra da deseñadora gráfica laurentina Codés Lillo Irimia.
Manuel Arango anuncia que “nos próximos días darase a coñecer o contido da programación desta edición, que volverá ter o formato tradicional despois de dous anos nos que non se puido celebrar por culpa da pandemia”.
REMATOU A REFORMA DA NAVE DO RECINTO FEIRAL PARA A CONSTRUCIÓN DUN LOCAL MULTIUSOS, QUE SERÁ INAUGURADO ESTE SÁBADO, DÍA 10
Lourenzá, 5 de setembro de 2022. Concluíron as obras de reforma das instalacións da nave do recinto feiral para a construción dun local multituosos denominado Ponte de Cuñas. O custe desta actuación foi de 262.000 euros, financiada con cargo ao remanente de Tesourería municipal. Será inaugurado este sábado, 10 de setembro, ás 19:30 horas e ás 20:00 horas actuará Purofilin co seu espectáculo titulado De Machín a la Nueva Trova.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »