Novas

Novas do Concello

HOXE FOI PRESENTADO O CARTEL DA XXVII EDICIÓN DA FESTA DA FABA DE LOURENZÁ, QUE FOI ELABORADO POLO LAURENTINO IGNACIO CASTRO, COÑECIDO ARTISTICAMENTE COMO NACHOK. PARA EL ESTE ENCARGO FOI UNHA HONRA E UN DESAFÍO.

Lourenzá, 12 de setembro de 2017. Hoxe, martes, foi presentado o cartel da XXVII edición da Festa da Faba de Lourenzá, que foi elaborado polo laurentino Ignacio Castro, coñecido artísticamente como Nachok. Para el este encargo foi unha honra e un desafío.

O CONCELLO DE LOURENZÁ ABRE ESTE VENRES O PRAZO PARA A OBTENCIÓN DO NOVO CARNÉ DE FABEIRO, OBRIGATORIO PARA VENDER NOS MERCADOS DOMINICAIS QUE EMPEZARÁN O DÍA 24 DESTE MES

Lourenzá, 11 de setembro de 2017. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, ven de editar un bando no que advirte da necesidade de que os produtores teñan o carné de fabeiro para vender nos mercados dominicais da faba que darán comezo o vindeiro día 24. O prazo para a renovación deste carné abrangue do día 15 ao 29 deste mes de setembro e os produtores deben solicitalo na Casa do Concello en horario de 08:30 a 14:00 horas.

A CONCELLERÍA DE XUVENTUDE ORGANIZA UN TALLER GRATUÍTO DE COACHING QUE COMEZARÁ NESTE MES DE SETEMBRO. O PRAZO PARA INSCRIBIRSE REMATA O DÍA 18.

Lourenzá, 8 de setembro de 2017. O Concello de Lourenzá, a través da Delegación Municipal de Xuventude, organiza un taller gratuíto de coaching que comezará neste mes de setembro e terá unha duración de 35 horas. O prazo para inscribirse está aberto e rematará o día 18.

Trátase dun taller gratuíto destinado a mozos de 16 a 29 anos de idade no que se impartirán técnicas de motivación para a busca de emprego, comunicación e habilidades.

O Maderas Barcia Lourenzá asalta a Praza Conde Santo. A sección de atletismo e duatlon presentada oficialmente!!! Olga Vicente e Juan Luís Méndez incorpóranse ó corpo técnico!!!

As balas invadiron literalmente o Cantón no día de onte. Acostumados a discorrer a velocidade de vértigo, onte fixeron unha parada para fotografiarse co principal patrocinador Maderas Barcia.

Estiveron presentes presidindo o acto a nosa alcaldesa Dª. Rocío López e o noso presi D. Pablo Maseda así como Javier Barcia, patrocinador da sección.

As cadetes presentan a faba na súa mellor versión: Terras da Mariña Lourenzá Cadete 2017/2018. Go!!!

Coa presencia da nosa alcaldesa Dª. Rocío López e do noso Presidente D. Pablo Maseda, o equipo cadete Terras da Mariña Lourenzá que competirá esta temporada en liga provincial presentouse oficialmente. Baixo a dirección de Mariano De La Torre e a axuda de Laura Fdez. bota a andar este novo equipo que seguirá contando un ano máis co patrocinio da cooperativa do ano premiada recentemente, TERRAS DA MARIÑA. Moitas gracias por seguir confiando en nós e moita sorte a éste equipo que levará o noso nome unha nova tempada!!!

Títulos a pares dos atletas do Maderas Barcia Lourenzá na nocturna Rinlo-Ribadeo. Triunfos de Carlota Menéndez, Pedro Moirón, Sara Otero, Iria Rguez e Ainara Rguez. con 11 pódiums en total!!!

Resultados:

Pitufos Feminino: 1- Carlota Menéndez.

Prebenxamín Masculino: 1- Pedro Moirón. 3- Leo Martínez. 7- Xoel Nonide. 8-David Díaz.

Prebenxamín Feminino: 1- Sara Otero. 3-Manuela Lastra

Benxamín Masculino: 2- Iago Longarela

Benxamín Feminino: 7- Andrea García

Alevín Feminino: 1-Iria Rguez

O futuro en acción!!! Presentado o equipo de fútbol 8 benxamín e alevín das Escolas e Mondoñedo Fc. Cercercería Abadía e Muebles Huertas renovan o seu patrocinio. Eduardo Reigosa e Jose Hdez., os directores elexidos

Eduardo Reigosa "Ximil" e Jose Hdez. faranse cargo esta temporada dos equipos de fútbol 8 benxamín e alevín das Escolas e do Mondoñedo Fc., nun acto no que estiveron presentes responsables de ambas directivas e que puxo en escea os equipos de fútbol e f. sala para esta temporada 2017/2018!!!

Para a semana que ven reanudaranse os entrenos destes dous equipos que competirán en fútbol na liga provincial e en f. sala en deporte escolar.

 

Distribuir contido