Novas

UN DEBUXO DE ADRIANA POLO GONZÁLEZ, DE 11 ANOS, FOI SELECCIONADO PARA O CARTEL DA CABALGATA DE REIS. AO CONCURSO CONVOCADO POLO CONCELLO PRESENTÁRONSE MÁIS DE 70 TRABALLOS

Un debuxo de Adriana Polo González, de 11 anos de idade, foi seleccionado para o cartel da cabalgata dos Reis Magos de Lourenzá 2017. Ao concurso, que foi convocado polo Concello, presentáronse máis de 70 traballos.

O edil delegado de Cultura, Manuel Arango, anunciou que “o debuxo que foi seleccionado, entre máis de 70, para ser o cartel anunciador da cabalgata de Reis de Lourenzá é obra de Adriana Polo González, de 11 anos e alumna do CEIP Juan Rey”.