A XUNTA DESTINA MÁIS DE 300.000 EUROS A DOTAR DE SANEAMENTO O NÚCLEO RURAL DE REQUEIXO, NO CONCELLO DE LOURENZÁ
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asumirá o 100% do investimento necesario para dotar de saneamento o núcleo rural de Requeixo, no Concello de Lourenzá. O Consello da Xunta autorizou na súa reunión desta mañá o gasto polo que Augas de Galicia licitará esta actuación por un importe de máis de 300.000 euros (304.758,82 euros).