Novas

AS ACTIVIDADES DO ANO DEDICADO A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO REMATARÁN MAÑÁ MARTES, DÍA 26, COA INAUGURACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN E UNHA LOA A DON PACO A CARGO DO SECRETARIO XERAL DE CULTURA DA XUNTA, ANXO LORENZO

Lourenzá, 25 de novembro de 2013. As actividades do ano dedicado polo Concello de Lourenzá a Francisco Fernández del Riego rematarán mañá martes, día 26, coa inauguración dunha exposición e unha loa a don Paco diante do seu busto a cargo do secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo.

A ALCALDESA DENUNCIA AS CONTINUAS DISCRIMINACIÓNS AO CONCELLO POR PARTE DA DEPUTACIÓN DE LUGO, COMO NA VISITA QUE FIXO ONTE AO MUNICIPIO A VICEPRESIDENTA LARA MÉNDEZ.

Lourenzá, 22 de novembro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, denuncia as continuas discriminacións a este Concello por parte da Deputación de Lugo, como na visita que fixo onte ao municipio a vicepresidenta do organismo provincial Lara Méndez, acto ao que non foi convidada a rexedora local. Ademais Emma Álvarez critica aos concelleiros da oposición (PSOE e BNG) por non renunciar ás dietas pola asistencia ao pleno extraordinario convocado para pedir que se cambien as bases do plan de emprego da Deputación.

A ALCALDESA ASINARÁ UN CONVENIO CO CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE PARA FACER MELLORAS NAS RÚAS FERNÁNDEZ DEL RIEGO E MUÍÑO DO FRADE. TAMÉN SE DEU A COÑECER QUE O MUNICIPIO CONTA CO SERVIZO DE HOSPITALIZACIÓN A DOMICILIO

Lourenzá, 22 de novembro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, asinará un convenio co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para facer obras de mellora nas rúas Fernández del Riego e Muíño do Frade. Foi aprobado en xunta de goberno local, na que ademais deuse a coñecer que o municipio conta co servizo de hospitalización a domicilio, do que xa se beneficia un veciño.