A Alcaldesa asinou hoxe en Santiago un convenio co Conselleiro de Medio Ambiente para que a Xunta arranxe a Avenida de Soutelo cun investimento de 60.500 euros
Lourenzá, 23 de abril de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, asinou hoxe en Santiago de Compostela un convenio co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para que este departamento da Xunta arranxe a avenida de Soutelo cun investimento de 60.500 euros.