A Concellería de Educación e Cultura promove a creación dun grupo de teatro infantil e xuvenil. O prazo para apuntarse remata a finais deste mes
Lourenzá, 19 de decembro de 2012. A Concellería de Educación e Cultura promove a creación dun grupo de teatro infantil e xuvenil que empezará a ensaiar no vindeiro ano 2013. Poderán participar nenos e rapaces maiores de 7 anos que deberán apuntarse na biblioteca municipal antes de que remate este mes.