O CONCELLO RECUPEROU A SÚA ACTIVIDADE HABITUAL NA BIBLIOTECA MUNICIPAL E NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA MENIÑOS, DESPOIS DA CELEBRACIÓN DAS FESTAS PATRONAIS. A BIBLIOTECA PERMANACERÁ ABERTA DE 5 A 8 DA TARDE DE LUNS A VENRES
Lourenzá, 5 de setembro de 2014. Lourenzá volveu á normalidade esta semana, despois de celebrar o pasado luns, 1 de setembro, a festividade local do Conde Santo. Dende o Concello recordaron que tanto a Biblioteca Municipal, coma o Punto de Atención á Infancia Meniños de Lourenzá, están a funcionar con total normalidade dende esta semana e cumprindo cos seus horarios habituais.