O PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBOU O ORZAMENTO DO CONCELLO PARA ESTE ANO, QUE ASCENDE A 2,3 MILLÓNS DE EUROS
O pleno do Concello de Lourenzá, na sesión celebrada na noite de onte, xoves, aprobou cos votos favorables do equipo de goberno, do PSOE, e os votos en contra dos concelleiros da oposición (PP e BNG), o orzamento municipal para este ano 2019, que ascende a 2.345.000 euros.
      
