Novas

Novas do Concello

A SALA DE EXPOSICIÓNS MUNICIPAL ACOLLE ATA O DÍA 17 DESTE MES UNHA MOSTRA DE ILUSTRACIÓNS DE DIVERSOS ARTISTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá alberga ata o vindeiro día 17 deste mes unha mostra titulada Cartas de Amor. Trátase dunha exposición gráfica de ilustracións de quince artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade. As obras poden visitarse en horario de biblioteca: de luns a venres das 17:00 ás 20:00 horas.

Apoteosis de triunfos do Maderas Barcia Lourenzá na San Silvestre Ribadense: Na proba de 5 kilómetros, Títulos para Manu Rguez. e Mariña Salvatierra en infantil; na Mini San Silvestre triunfos de Sara Otero e Pedro Moirón en prebenxamín e na Milla dominio

Os resultados dos atletas en competición:

Mini San Silvestre:

Prebenxamín Feminino:

Sara Otero (1ª) Lidia Balseiro (2ª) Manuela Lastra (3ª).

Ademáis Sara Terrón (6ª) Aroa Ferreiro (16ª).

Prebenxamín Masculino:

Pedro Moirón (1º) Roi De La Plaza (4º) Leo Martínez (9º)

Iniciación:

Carlota Menéndez (3ª) Damián Edrosa (8º) Javi Ferreiro (11º)

 

5 kilómetros absoluta:

Infantil:

Manu Rguez. (1º) Nicolás Álvarez (3º)

Mariña Salvatierra (1ª) Marta Alonso (3ª) Valeria Álvarez (5ª)

Cadete:

O CONCELLO ORGANIZA A VISITA DE PAPÁ NOEL E UN CONCERTO DE NADAL PARA ESTE FIN DE SEMANA

O Concello de Lourenzá organiza a visita de Papá Noel e un concerto de Nadal para este fin de semana.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “o venres 22 ás 18:00 horas chegará Papá Noel á carpa instalada polo Concello na praza Conde Santo, de Lourenzá. Previamente visitará o Punto de Atención á Infancia (PAI) e o centro de día para maiores. A parte musical correrá a cargo da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez”.

A PROGRAMACIÓN DE NADAL INCLÚE UN BELÉN INSTALADO NA PRAZA DO CONDE SANTO, UNHA MONTAXE DE PAISAXE POLAR NO QUIOSCO DA MÚSICA E NUMEROSAS ACTIVIDADES

A programación de Nadal en Lourenzá inclúe un belén instalado na Praza do Conde Santo, unha montaxe de paisaxe polar que está no Quiosco da Música e numerosas actividades.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “en Lourenzá xa se vive o Nadal coa inauguración do alumeado navideño e a colocación dun belén na Praza Conde Santo e dunha montaxe de paisaxe polar no Quiosco da Música do Cantón”.

As Balas do Maderas Barcia Lourenzá desafiaron o xeo no II Cros de As Pontes. Título para Carmen Garcia, Subcampionatos para Henar e Ian Méndez e Bronce para Ana Vallines. 4º posto alevín para Emma e 5ª Lourdes García.Noraboa. Seguimos!!!

 Alevín Feminino. 1000 metros.

Henar Méndez - 2ª. 4:16

Emma García 4ª. 4:28

Lourdes Garcia 5ª. 4:28

 

Infantil Feminino. 1400 metros.

Ian Méndez - 2º 4:54

Carmen García - 1ª 5:32

 

Cadete Feminino. 2000 metros.

Ana Vallines - 3ª 7:33

 

Distribuir contido