Novas
A ALCALDESA PIDE NUN BANDO A COLABORACIÓN DOS CIDADÁNS PARA RECOLLER OS EXCREMENTOS DOS ANIMAIS NAS VÍAS E ESPAZOS PÚBLICOS DO MUNICIPIO
Lourenzá, 26 de novembro de 2015. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, acaba de publicar un bando no que pide aos veciños do municipio a súa colaboración para manter limpas as vías e espazos públicos dos excrementos das mascotas, recordando que é obriga dos propietarios recoller os restos que deixan os seus animais.
Crónica basket junior. C. Ártaba - Terras da Mariña Lourenzá.
O PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL TRATARÁ MAÑÁ UNHA PROPOSTA DA ALCALDÍA PARA BAIXAR AS TARIFAS DO SUBMINISTRO DE AUGA E SANEAMENTO
O pleno da corporación municipal de Lourenzá, na sesión ordinaria que se celebrará mañá, martes, ás 20:30 horas, tratará unha proposta da Alcaldía para baixar as tarifas do subministro de auga e saneamento.
O equipo benxamín feminino, subcampión da Liga Galega Federada Autonómica Norte!!!
O pasado sábado as Atletas do Maderas Barcia participaban na Liga Galega Federada Norte (Coruña e Lugo) cos equipos benxamín, alevín e infantil. Ó mesmo tempo en Ourense xogábase a Liga Sur. Os dous primeiros equipos clasificanse para a Final Galega que será nas vindeiras datas en Riazor.
A sorpresa caía do lado do equipo benxamín, que lograba o subcampionato e o acceso á final galega.
RESULTADOS BENXAMÍN:
50 lisos:
1ª Feminina- Xornadas 8 e 9 e Resultados 22/11/15
O CONCELLO CONMEMORARÁ O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO O 25 DESTE MES COA COLOCACIÓN DUN LAZO MALVA, A EXPOSICIÓN DUN LIBRO DE SINATURAS, UNHA LECTURA DE TESTEMUÑAS, UNHA CHARLA COLOQUIO E UNHA PROXECCIÓN CINEMATOGRÁFICA
O Concello de Lourenzá organiza diversos actos para conmemorar o Día Internacional contra o Violencia de Xénero o vindeiro mércores, 25 de novembro. A todos eles asistirán a alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Benestar Social, Mercedes Dengra.
Unha estratosférica Iria Rguez. remata como 6ª mellor nacional mentres a súa Irmá Ainara facía un carreirón coa 17ª posición na categoría Infantil
O pasado domingo Iria e Ainara vivían unha gran experiencia participando por primeira vez no Cros Internacional de Atapuerca, en Burgos.
Iria Rguez. sorprendía a todos sendo a 6ª clasificada (1ª galega) nunha carreira de 800 metros no que invertía 3,33; a un ritmo de 4,26 promedio kilómetro.
Pola súa parte a archicoñecida Ainara Rguez., a pesar de arrastrar molestias nun pé, competía de forma sensacional no medio de máis de 250 participantes rematando no posto 17º con un tempo de 3,22.
Actuación sobresaínte en Xermade do Maderas Barcia Lourenzá con 6 PÓDIUMS unha vez máis!!!
O pasado sábado día 14 de Novembro visitábamos Xermade por mor da sua Carreira Popular.
Benxamín Feminino:
Hénar Méndez (Prata).
Alevín Feminino:
Diana Lastra (Bronce)
Infantil Femino:
Hiba Bouyzar(Prata) e Mariña Salvatierra(Bronce)
Cadete Masculino:
ESTE MEDIODÍA TIVO LUGAR UNHA CONCENTRACIÓN CUN MINUTO DE SILENCIO EN RECORDO DAS VÍTIMAS DOS ATENTADOS DE PARÍS DÍANTE DA CASA DO CONCELLO, ONDE AS BANDEIRAS ONDEAN A MEDIA ASTA
Este mediodía tivo lugar en Lourenzá unha concentración cun minuto de silencio en recordo das vítimas dos atentados de París. Levouse a cabo diante da Casa do Concello, onde as bandeiras ondean a media asta dende o sábado.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- …
- seguinte ›
- última »