Novas
OS ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO SERRA DA CADEIRA II ACONDICIONAN O ENTORNO DA FONTE DA CLARA, EN SAN ADRIANO. A ALCALDESA E O CONCELLEIRO DE OBRAS SUPERVISARON OS TRABALLOS
Lourenzá, 13 de novembro de 2015. Os alumnos do obradoiro de emprego Serra da Cadeira II están acondicionando o entorno da fonte da Clara, na parroquia de San Adriano. Estes traballos foron supervisados pola alcaldesa, Rocío López García, e polo concelleiro de Obras, Carlos Rivas Rivas.
A Biblioteca Municipal acolle dende o vindeiro mércores, 18 de novembro, actividades de animación á lectura para nen@s de entre 3 e 7 anos
Lourenzá, 12 de novembro de 2015. O vindeiro mércores, 18 de novembro, comeza na biblioteca municipal de Lourenzá o programa de actividades de animación á lectura que este centro organiza para nenos e nenas de tres a sete anos de idade.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, sinala que “debido á alta participación, que ascende a 20 cativos, e a que os asistentes son de idades diferentes, vanse realizar grupos, quedando as actividades a realizar para as tardes dos mércores e xoves”.
As Escolas Lourenzá estaremos representadas no prestixioso CROS INTERNACIONAL DE ATAPUERCA(BURGOS). IRIA E AINARA RGUEZ., AS PROTAGONISTAS!!!
O vindeiro domingo estaremos pendentes e seguiremos a evolución de Ainara Rguez (Infantil) así como de súa irmá Iria(Benxamín) que competirán por primeira vez na súa historia e por primeira vez na historia das Escolas no prestixioso cros internacional de Atapuerca, en Burgos. Ambas percorrerán a distancia de 1000 metros e xunto a elas estará o mellor do panorama nacional das súas categorías. Moita sorte e a disfrutar!!!
O 20 DE NOVEMBRO TERÁN LUGAR NO AUDITORIO MUNICIPAL DE BURELA UNHAS XORNADAS DIVULGATIVAS SOBRE "ENFERMEDADES REUMATOLÓXICAS E AUTOINMUNES"
Crónica Basket Junior Terras da Mariña Lourenzá - Ensino Lugo
Crónica Autonómica Basket Muebles Huertas Lourenzá
Bo partido o desta tarde,sobre todo,unha vez máis,en defensa. 34-54 cos parciais 13-15;3-14;9-12;9-13. As anotadoras foron Laura 6,Ainhoa 9,Maria 12,Marta 12,Andrea,Tania,Iria 2,Raquel,Claudia 2,Carla 11. Empezamos ben en ataque pero imprecisas en defensa,dando moitas segundos tiros,no segundo puxémonos as pilas e só anotaron 3 puntos,logo foi fácil manter a distancia e dar minutos a todas. Destacar as pivots con 12 puntos cada unha e sobre todo Carla,que é junior e saíuse,defendendo atacando e correndo,incluso un triplo ao final,como broche do partido.
1ª Feminina-Xornadas 6 e 7 e Resultados 8/11/15
Henar Méndez (Benxamín) e Ainara Rguez(Alevín) ganan a prestixiosa VIESGO NIGHT RACE en Lugo. Sheila López sube ó podium cun bronce en Benxamín Feminino!!!
Excelentes resultados colleitados polos atletas do Maderas Barcia Lourenzá na prestixiosa Viesgo Nignt Race o pasado sábado en Lugo diante de máis de 1000 participantes de todas as categorías.
Unha nutrida representación colaboraba nesta III Edición a favor do banco de alimentos de Lugo.
En benxamín feminino impoñíase Henar Méndez coa medalla de ouro mentres a súa compañeira Sheila López lograba un meritorio terceiro posto.
A DEPUTACIÓN DE LUGO ACABA DE ABRIR UN NOVO PRAZO DE SOLICITUDE PARA CUBRIR 70 POSTOS DE TRABALLO DO PLAN BEN EMPREGADO 2 QUE QUEDARON VACANTES
A Deputación de Lugo acaba de abrir un novo prazo de solicitude para cubrir 70 postos de traballo do Plan Ben Empregado 2 que quedaron vacantes.Trátase de empregos en todos os sectores e en toda a provincia.
Bases: http://benempregado.deputacionlugo.org/benempregado2.asp
PRAZO DE SOLICITUDES: dende o 9 ao 19 de novembro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- …
- seguinte ›
- última »