ESTE PASADO SÁBADO CELEBROUSE EN BOIRO O CAMPEONATO GALEGO DE BTT MARATÓN , NUN DURO PERCORRIDO DE 100KM E UN DESNIVEL DE MAIS DE 3000 M
O noso único representante Javier Peixe demostrou estar nun gran momento de forma xa que rematou a proba no posto 10º da xeral con un tempo de 5:20:00 , o que lle valdría para subir o podio na 3ª posición da sua categoría master 40 .
O gañador da proba foi o actual campeón de España ultramaratón Brandan Marquez , segundo sería Javi Busto e terceiro Alejandro Trasbach.
En féminas a gañadora foi Verónica Montes seguida de Ana María Gonzalez e terceira sería Anuska Vilas.