ISAAC, DIEGO REGO E SUSO FORO APUNTALAN O EQUIPO DE 1ª AUTONÓMICA DE CARA Á NOVA TEMPORADA
Sta. Cruz acolleu onte martes ás 20 horas a presentación de 3 novos xogadores de cara á ilusionante nova temporada que comenza para o equipo de 1ª autonómica.
Sta. Cruz acolleu onte martes ás 20 horas a presentación de 3 novos xogadores de cara á ilusionante nova temporada que comenza para o equipo de 1ª autonómica.
Antes da clausura oficial das escolas, os dxtistas da sección de atletismo das E.D. Lourenzá Mondoñedo disfrutaron o pasado sábado repartíndose e participando en duas carreiras populares, en Sante e Medal.
O pavillón Viñas da Veiga de Mondoñedo acolleu o sábado día 27 de xuño a clausura das Escolas de Lourenzá Mondoñedo, cunha cea baile onde estiveron máis de 500 comensais. A festa prolongouse ata altas horas, nun gran ambiente deportivo-festivo.
PROTOCOLO CLAUSURA ESCOLAS LOURENZÁ MONDOÑEDO.
PALMARÉS PREMIADOS 2015.
Estiveron presentes na entrega de premios:
- Dª Elena Candia
Lourenzá, 29 de xuño de 2015. A alcaldesa de Lourenzá, Rocio López García, destacou hoxe o éxito da segunda edición da xornada Todos cara a Tovar, celebrada onte con numerosas actividades. A rexedora salientou a afluencia masiva de participantes e a importante implicación de asociacións do municipio.
Lourenzá, 26 de xuño de 2015. O Concello de Lourenzá convoca oito postos de traballo para a prevención e defensa contra os incendios forestais. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Rocío López García.
A segunda edición da xornada lúdica, de lecer e de convivencia Todos cara a Tovar celebrarase este domingo, día 28, na fortaleza de Lourenzá. Está organizada por asociacións do municipio coa colaboración do Concello e haberá diversas actividades dende as catro e media da tarde.
O Vindeiro sábado as Escolas de Lourenzá e Mondoñedo clausuran o ano deportivo en curso. Será ás 22:00 horas no Pavillón Viñas da Veiga.
Enviamos foto de presentación do evento: na que figuran:
- Elena Candia, alcaldesa do Concello de Mondoñedo e nova Presidenta da Excma. Deputación Provincial.
- Rocío López, Alcaldesa do Concello de Lourenzá Lourenzá
- Manuel Tapia, Concelleiro de Deportes do Concello de Mondoñedo
- Francisco Rivas, Concelleiro de Deportes do Concello de Mondoñedo.
- Pablo Maseda, Presidente das E.d. Lourenzá.
O domingo 21 a sección de atletismo das escolas disfrutaba dunha nova popular, neste caso a tradicional carreira do Corpus da localidade asturiana de Valdepares; onde deron trofeos ós 3 primeiros de cada categoría.
Os Atletas do Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo:
Categoría Prebenxamín feminina:
Henar Méndez - 1ª Clasificada.
Categoría Benxamín feminina:
Iria Rguez - 2ª Clasificada.
Categoría Benxamín masculina:
O pasado sábado día 20 de xuño varios representantes das Escolas estiveron na X Guitiriz Termal. Co título de Iria Rguez. na categoría benxamín e Ainara Rguez na categoría infantil os atletas do Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo volvían a estar unha semana máis no máis alto do pódium. Ademáis, Ian Méndez recollía un novo metal(bronce) na categoría benxamín masculino.
En canto ás E.D. Lourenzá Atletismo (adultos) lograban tamén unhos excelentes resultados:
Marcos Rguez. obtiña o posto 9 da xeral, quinto da súa categoría, ó recorrer 7,200 km nun tempo de 28,09 minutos.
Dúas nenas veciñas do municipio de Lourenzá resultaron premiadas na fase provincial do concurso de narración Letras Galegas 2015.
Antía Lillo Irimia, da Cazolga, conseguiu o terceiro premio na categoría de 9 a 11 anos co traballo titulado Ratonbotiño en London. E Antía Gutiérrez Gavín, de San Adriano, logrou o terceiro premio na categoría de ata 8 anos coa obra Un soño espléndido.