O NOVO GOBERNO MUNICIPAL REDUCE EN CASE UN 25 POR CENTO O SALARIO DA ALCALDESA E SUPRIME A DEDICACIÓN PARCIAL DO TENENTE DE ALCALDE. ISTO SUPÓN UN AFORRO PARA O CONCELLO DE MÁIS DE 30.000 EUROS ANUAIS
O novo goberno municipal de Lourenzá reduce en case un 25 por cento o salario da alcaldesa, Rocío López García, e suprime a dedicación parcial do tenente de alcalde, o que supón un aforro para o Concello de máis de 30.000 euros anuais. Foi aprobado nun pleno extraordinario e urxente da corporación municipal celebrado onte, mércores, cos votos favorables dos concelleiros socialistas e a abstención dos edís do Partido Popular.