O SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL ACOLLERÁ O VINDEIRO MARTES UNHA CONFERENCIA PARA DAR A COÑECER O TRABALLO DAS FORZAS ARMADAS
A Concellería de Educación de Lourenzá ven de organizar unha conferencia para o vindeiro martes, 27 de xaneiro , en colaboración coa Delegación de Defensa de Lugo. A charla será impartida por persoal das Forzas Armadas Españolas e cumprirá un dobre obxectivo: informar aos veciños de Lourenzá sobre cales son as labores que as Forzas Armadas están a levar a cabo por todo o mundo e fomentar o acceso dos mozos laurentinos a este corpo, promovendo unha saída laboral para a xuventude do Concello.