A CABALGATA DOS REIS MAGOS, QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO LUNS, SAIRÁ NESTA OCASIÓN DE SAN XURXO PARA PERCORRER TODAS AS PARROQUIAS DO CONCELLO
A cabalgata dos Reis Magos en Lourenzá, que se celebrará o vindeiro luns, 5 de xaneiro de 2015, sairá nesta ocasión de San Xurxo para percorrer todas as parroquias do concello. Con esta actividade rematará o programa de actos de Nadal no municipio, iniciado coa visita de Papá Noel, que contou con numerosa presencia de nen@s e pais.
