Novas
O CONCELLO INSTALARÁ UN STAND LILA NA FESTA DA FABA PARA SENSIBILIZAR Á CIDADANÍA SOBRE AS VIOLENCIAS MACHISTAS.
Lourenzá, 20 de setembro de 2019. O Concello de Lourenzá instalará un stand lila na XXIX edición da Festa da Faba, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, para sensibilizar á cidadanía sobre as violencias machistas. Esta iniciativa foi presentada pola alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra.
PRESENTADO O CARTEL DA XXIX FESTA DA FABA, QUE FOI DESEÑADO POLO DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES COMERCIAIS DO IES DE FOZ
O cartel da XXIX edición da Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, acaba de ser presentado. Nesta ocasión a imaxe para anunciar o evento foi deseñada polo Departamento de Actividades Comerciais do IES de Foz.
Na presentación do cartel participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron; e o xefe do Departamento de Comercio do IES de Foz, José Otero Méndez.
O MESTRE XUBILADO E ESTUDOSO DA HISTORIA LOCAL MANUEL ROMÁN RAMOS SERÁ O PREGOEIRO DA XXIX FESTA DA FABA DE LOURENZÁ
O mestre xubilado e estudoso da historia local Manuel Román Ramos será o pregoeiro da XXIX Festa da Faba de Lourenzá.
O 5 de outubro, sábado, ás 12 do mediodía Manuel Román Ramos, coñecido popularmente en Lourenzá como Manolo de Cartas, será o encargado de ler o pregón da XXIX Festa da Faba.
O Concello de Lourenzá acolle a exposición itinerante “O Camiño por Mar”
O concello de Lourenzá acollerá do 4 ao 6 de setembro a exposición O Camiño por Mar que organiza a Asociación do Patrimonio Industrial de Galicia, Buxa. Trátase dunha mostra itinerante sobre a peregrinanción en bote de Dublín a Santiago feita por catro amigos irlandeses no ano 2014. O proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.
A PROGRAMACIÓN CULTURAL DE OUTONO ORGANIZADA POLO CONCELLO INCLÚE TEATRO, MAXIA, GASTRONOMÍA, MÚSICA CINE E OUTRAS ACTIVIDADES
A programación cultural de outono organizada polo Concello inclúe teatro, maxia, gastronomía, música, cine e moitas más actividades. Anunciouno hoxe o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
Empezará coa exposición Camiño por mar, que poderá visitarse do 4 ao 6 de setembro de 17:00 a 20:00 horas.
CONVOCADA A TERCEIRA EDICIÓN DO CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO CONCELLO DE LOURENZÁ
Lourenzá, 9 de agosto de 2019. A Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a terceira edición do certame de teatro afeccionado Concello de Lourenzá.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “neste certame poderán participar todos os grupos ou compañías de teatro afeccionado que superen un proceso de selección. O prazo para inscribirse rematará o 30 de setembro. Todas as obras seleccionadas recibirán unha axuda de 300 euros en concepto de participación, desprazamento, etcétera”.
O GRUPO ASTAROT ACTUARÁ EN LOURENZÁ O 5 DE OUTUBRO DENTRO DO PROGRAMA DA XXIX FESTA DA FABA
Lourenzá, 31 de xullo de 2019. O grupo Astarot actuará en Lourenzá o día 5 de outubro, sábado, dentro do programa da vixésimo novena edición da Festa da Faba.
O CONCELLO SÚMASE Ó DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGBTI COA COLOCACIÓN DUNHA BANDEIRA MULTICOLOR NO BALCÓN DO CONSISTORIO.
Lourenzá, 28 de xuño de 2019. O Concello de Lourenzá súmase ó Día Internacional do Orgullo LGBTI (Lesbianas, Gays, Bisexuais, Transexuais e Intersexuais) colocando no balcón do consistorio a bandeira multicolor deste colectivo.
Sobre esta iniciativa da Área de Servizos Sociais a concelleira Mercedes Dengra explica que o Concello de Lourenzá “súmase a esta iniciativa para reivindicar os dereitos deste colectivo. Con este xesto queremos mostrar o noso respecto e compromiso cos valores e dereitos como a igualdade e a liberdade de expresión”
O CONCELLO LEVA O VINDEIRO LUNS, 17 DE XUÑO, AO CEIP JUAN REY A CAMPAÑA EDUCATIVA ITINERANTE REPARA EN..., PROMOVIDA POLA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
O Concello de Lourenzá leva ao CEIP Juan Rey o vindeiro luns, día 17, a campaña educativa itinerante titulada Repara en…, que está promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »
