Novas

Novas do Concello

Henar Méndez, Ian Méndez e Ana Vallines GANAN a Popular Xermade 2016. Subcampionatos para Andrea García, Cristian Piñeiro, Pablo Irimia e Carmen López!!!

Onte domingo en Xermade as balas dominaban as categorías menores en Xermade, nunha nova edición da súa popular:

Prebx. Feminino: 2 - Andrea García.

Benxamín Feminino: 1 - Henar Méndez.

Alevín Feminino: 4 - Diana Lastra.

Alevín Masculino: 1 - Ian Méndez.

Infantil Feminino: 1 - Ana Vallines

Cadete Masculino: 1 - Cristian Piñeiro

Xuvenil Feminino: 2 - Carmen López

Xuvenil Masculino: 2 - Pablo Irimia.

Ademáis, a delegada Loli Piñeiro recollía o premio ó clube con participación máis numerosa!!!

 

REMATOU A OBRA DE “MELLORA E MANTEMENTO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIONS AGRARIAS NO CONCELLO DE LOURENZÁ”

Con data 12/08/16 rematou a obra de “MELLORA E MANTEMENTO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIONS AGRARIAS NON CONCELLO DE LOURENZÁ”, para a que se concedeu una subvención ao abeiro da Resolución de 25 de xaneiro de 2016, pola que se aproba o Plan Marco: MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIONS AGRARIAS 2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 por importe de sesenta e oito mil trescentos sesenta euros con setenta e sete céntimos (68.360,77.-)

O USO DA PISTA DE PÁDEL MUNICIPAL COMEZA A ESTAR REGULADO A PARTIR DO VINDEIRO LUNS, DÍA 10. HABERÁ QUE FACER A RESERVA NAS OFICINAS DO CONCELLO E PAGAR UNHA TAXA DE 4 EUROS POR UNHA HORA E MEDIA.

Lourenzá, 6 de outubro de 2016. O uso da pista de pádel do Concello de Lourenzá comezará a estar regulado a partir do vindeiro luns, día 10, polo que para utilizala haberá que facer a reserva nas oficinas municipais e pagar unha taxa de 4 euros por unha hora e media.

DISCURSO PRONUNCIADO POLA ALCALDESA DE LOURENZÁ, ROCÍO LÓPEZ, DURANTE O ACTO DE INAUGURACIÓN DA XXVI FESTA DA FABA

XXVI FESTA DA FABA

Bos días a todos e a todas…..

Benvida Presidente, Deputados proviciais, alcaldes e alcaldesas, concelleiros…e demais autoridades.....e sobre todo veciños e veciñas de Lourenzá.

Quero comezar dando as gracias ao señor presidente da Deputación de Lugo, pola colaboración e a chega económica que tivemos este ano para a realización desta festa.

Noticias sección atletismo fin de semana

Henar e Ian Méndez triunfan na prestixiosa Milla de Marín!!!

O pasado sábado Henar e Ian participaban na prestixiosa Milla de Marín en Pontevedra, que coincidía co Cto. de España para categorías absolutas.

Henar en benxamín feminino alcanzaba o Subcampionato con un tempo de 3,58 sobre a distancia de 1000 metros.

Distribuir contido