INVITACIÓN PRESENTACIÓN OFICIAL ÁLBUM DE CROMOS DAS ESCOLAS LOURENZÁ
Mañá venres, ás 20 horas; presentarase no Pavillón Municipal de Lourenzá a colección de cromos onde saen preto de 260 deportistas das Escolas. O acto estará presidido pola Alcaldesa de Lourenzá Rocío López así como polo Presidente das Escolas Pablo Maseda. Ademáis de estar ambas personalidades, estarán presentes os presidentes das entidades vinculadas Atletismo Lourenzá, Mondoñedo Fc, Salto do Coro, Ensino Lugo e 7 voltas ciclismo así como os patrocinadores da entidade.