Ainara e Aleix conquistan Narón ganando os 60, 500 e 3000. Atletismo. Trofeo Cidade de Narón
O pasado sábado tres representantes das Escolas Lourenzá acudían ás pistas de Atletismo de Narón para a disputa do seu trofeo. Unha excepcional Ainara Rguez. impoñíase na carreira absoluta de 3000 m. lisos con atletas cadetes e xuvenís con unha marca de 11,27,02 e facía tamén o doblete coa victoria nos 60 lisos infantil con un tempo de 8,72. Aleix Díaz lograba tamén o doblete en 500 e 60. Marca estratosférica en 500 polas alturas da temporada nas que estamos con un 1,22,41 e victoria tamén nos 60 con 8,74.