Henar Méndez (Benxamín) e Ainara Rguez(Alevín) ganan a prestixiosa VIESGO NIGHT RACE en Lugo. Sheila López sube ó podium cun bronce en Benxamín Feminino!!!
Excelentes resultados colleitados polos atletas do Maderas Barcia Lourenzá na prestixiosa Viesgo Nignt Race o pasado sábado en Lugo diante de máis de 1000 participantes de todas as categorías.
Unha nutrida representación colaboraba nesta III Edición a favor do banco de alimentos de Lugo.
En benxamín feminino impoñíase Henar Méndez coa medalla de ouro mentres a súa compañeira Sheila López lograba un meritorio terceiro posto.