Novas

Novas do Concello

RESULTADOS DOS MENORES NA CARREIRA DAS PRAIAS

Ademáis de Alex Villalba que participou na carreira da adultos, os menores que non estiveron no provincial de atletismo (pitufos e cadetes) participaron na das Praias, cos seguintes resultados:

 

Pitufos Masculino:

1 - Fabián Otero

 

Cadete Masculino:

1- Luís López

2 - Pablo Irimia

 

O CONCELLO BUSCA AO PROPIETARIO DUNHA CADELA ABANDONADA QUE APARECEU EN CANEDO

Lourenzá, 18 de maio de 2015. O Concello de Lourenzá busca ao propietario dunha cadela de caza que apareceu abandonada en Canedo, na parroquia de Santo Tomé.

A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que o animal “está coidado e buscamos ao dono por se a cadela se extraviou. En caso de que non apareza o propietario esperamos que haxa algunha persoa que queira adoptala”.

NOVA EXHIBICIÓN DAS ESCOLAS NO FIN DE SEMANA. ATLETISMO!!!

RESULTADOS POPULAR DE CASTROVERDE.- DOMINGO, 10 DE MAIO

Nova xornada de resultados impresionantes das Escolas deportivas.

PREBENXAMÍN – BENXAMÍN MASCULINO:

2 – IAN MENDEZ

PREBENXAMÍN – BENXAMÍN FEMININO:

2- IRIA RGUEZ.

3 – HENAR MENDEZ

ALEVÍN – INFANTIL MASCULINO:

1- NICOLÁS ÁLVAREZ

2- HUGO VILLALBA

3- SAMUEL DEBASA

ALEVÍN – INFANTIL FEMININO:

1 – AINARA RGUEZ

6- VALERIA ÁLVAREZ

 

CADETE MASCULINO:

2- LUÍS LÓPEZ

CADETE FEMININO:

4 – ARABELA MARTÍNEZ

XUVENIL FEMININO:

OS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS TRAMITAN AS SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO. O PRAZO PARA PRESENTALAS REMATA O 5 DE XUÑO

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá tramita as solicitudes para participar no programa de turismo do Imserso para a tempada 2015/16. O prazo para presentalas remata o día 5 de xuño deste ano.

Os requisitos para poder participar son: “persoas maiores de 65 anos, pensionistas maiores de 60 anos ou pensionistas de viuvez e ter 55 anos; ser titular ou beneficiario do sistema de Seguridade Social con 65 anos cumpridos”.

ISA PICOAGA E A SECCIÓN DE CICLISMO TRIUNFAN NOS 101 PEREGRINOS DE PONFERRADA!!!

Outro ano mais un gran pelotón do ED Lourenza Ciclismo participaba en esta xa mitica proba , que reunia a mais de 1500 participantes na modalidade de btt .

Este ano foi o mellor para o noso club , xa que todos poideron acabar a proba sin percances e Isabel Picoaga López lograba quedar na segunda posición na sua categoría, e traer un chascarrillo para casa . Ademáis Javier Legide (Peixe) remataba como 5ª mellor clasificado de veterano!!!

 

Distribuir contido