Novas
REMATOU O OBRADOIRO DE CESTERÍA ORGANIZADO POLO CONCELLO, ACTIVIDADE NA QUE PARTICIPARON OITO NEN@S
O obradoiro de cestería organizado polo Concello de Lourenzá, a través da Delegación Municipal de Educación, e patrocinado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo rematou onte, mércores. Nesta actividade, que foi impartida pola monitora María Otero, participaron oito nenos e nenas.
O CONCELLO ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE A VENTA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS PARA RECUPERAR O MERCADO DAS PRAZAS QUE SE CELEBRABA OS DOMINGOS
O Concello de Lourenzá organiza unha charla sobre a venta directa de produtos primarios para o día 9 deste mes, xoves, ás 20 horas no salón de actos municipal. Correrá a cargo da directora xeral de Produción Agropecuaria da Xunta de Galicia, Patricia Ulloa, e será un paso máis cara a recuperación do Mercado das Prazas, que se celebraba en Vilanova de Lourenzá os domingos e que deixou de facerse hai catro décadas.
ANA VALLINES, ATLETA INFANTIL DAS ESCOLAS ESTIVO PRESENTE EN DÚAS CARREIRAS O PASADO FIN DE SEMANA E LOGRABA IMPOÑERSE EN AMBAS
O Sábado pasado participaba na prestixiosa carreira popular Torre de Hércules en Coruña pertencente ó Circuito de Carreiras Populares "Coruña Corre" obtendo un novo trofeo cunha nova victoria, impoñéndose con un tempo de 5:44 a un ritmo de 3:35 o Kilómetro.
E un día despois participaba no Cross de Oviñana (Asturias) onde se anotaba un novo título por diante de atletas de gran nivel asturianas.
O CONCELLO PON EN MARCHA UN SISTEMA QUE PERMITE AOS VECIÑOS COMUNICAR INCIDENCIAS A TRAVÉS DO TELÉFONO MÓBIL
O Concello de Lourenzá acaba de poñer en marcha un sistema que permite aos veciños comunicar incidencias a través dos seus teléfonos móbiles. Foi presentado hoxe pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e pola concelleira Lupe Flórez Seivane.
UN ROTEIRO LITERARIO PERCORRE EN LOURENZÁ OS ESCENARIOS ORIXINARIOS DA VIDA E OBRA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, encabezaron esta tarde o primeiro percorrido a pé do ‘Roteiro Literario Francisco Fernández del Riego’, unha iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello. Segundo explicou Anxo Lorenzo, o obxectivo deste percorrido é honrar o legado dun persoeiro “cun grande espírito de construción cultural”, e “figura clave para o desenvolvemento da identidade de Galicia e da súa cultura” nado hai 102 anos nesta localidade lucense.
O PAVILLÓN MUNICIPAL ACOLLERÁ O 19 DE ABRIL UN FESTIVAL FOLCLÓRICO INFANTIL ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL OSORIO GUTIÉRREZ
O pavillón municipal de Lourenzá acollerá o día 19 do vindeiro mes de abril, domingo, ás 18:30 horas un festival folclórico infantil organizado pola asociación cultural Osorio Gutiérrez.
Ademais do grupo anfitrión, pertencente ao colectivo organizador do evento, participarán O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, e Saíñas, de Xove.
A entrada para asistir a este festival folclórico infantil será gratuíta.
O PAZO DE TOVAR ACOLLEU A CELEBRACIÓN DO 1º ANIVERSARIO DA INAUGURACIÓN DA SÚA REHABILITACIÓN, DENDE A QUE RECIBIU MÁIS DE MIL VISITANTES. FORON INAUGURADAS DÚAS EXPOSICIÓNS QUE SE PODERÁN VISITAR ATA FINAIS DE ABRIL
O Pazo de Tovar acolleu varios actos o pasado sábado para celebrar o primeiro aniversario da inauguración da súa rehabilitación, dende a que recibiu máis de mil visitantes. Así o destacou a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, na súa intervención durante a xornada.
TRALO ÉXITO ACADADO O ANO PASADO, O RECINTO FEIRAL ACOLLERÁ A SEGUNDA FESTA DEDICADA ÁS FABAS DE LOURENZÁ CON CALLOS O 02 DE ABRIL, DÍA DE XOVES SANTO. ESTÁ ORGANIZADA POLA COMISIÓN DE FESTAS DE SANTA CRUZ 2015 E FOI PRESENTADA HOXE NA CASA DO CONCELLO
O recinto feiral de Lourenzá acollerá a segunda festa gastronómica dedicada ás fabas de Lourenzá con callos o día 02 de Abril, Xoves Santo, a partir das 21:30 horas. Este evento está organizado pola comisión de festas de Santa Cruz 2015 e foi presentado hoxe na Casa do Concello pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao; o concelleiro de Deportes e Xuventude, Pablo Maseda; José Cuadrado, Sandra Gómez, Manuel Cajoto e Ramón Iglesias, como integrantes do colectivo organizador.
A ALCALDESA ASINOU CO CONSELLEIRO DE CULTURA O CONVENIO PARA O ROTEIRO LITERARIO FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, QUE SERÁ INAUGURADO O VINDEIRO LUNS, DÍA 30
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asinou o convenio para o Roteiro Literario Francisco Fernández del Riego, que será inaugurado o vindeiro luns, día 30. Na xuntanza tamén falaron da necesidade de rehabilitar o mosteiro de San Salvador e de melloras para o colexio Juan Rey.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- …
- seguinte ›
- última »
