Novas
RESULTADOS 1ª DIVISIÓN NACIONAL DE BALONCESTO FEMININO
O CONCELLO DE LOURENZÁ CONVOCA UNHA REUNIÓN INFORMATIVA PARA O VINDEIRO XOVES DIRIXIDA A MAIORES DE 18 ANOS QUE DESEXEN PARTICIPAR NUN GRUPO DE ESTUDO PARA PREPARAR AS PROBAS DE ACCESO AO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO
O Concello de Lourenzá colabora co proxecto organizado pola entidade coruñesa Espacio Garabatos. Con el, pretende organizar na propia vila laurentina, un grupo de estudo de entre 12 e 15 persoas maiores de idade que desexen prepararse para concorrer ás probas de obtención do título de Graduado en ESO. Para dar a coñecer a iniciativa, o Concello organiza este xoves, 23 de outubro, unha reunión informativa no salón de actos da Casa Consistorial a partir das 20:00 horas.
A ALCALDESA SOLICITA A AUGAS DE GALICIA A LIMPEZA DO RÍO BAOS, QUE SE DESBORDOU DEBIDO AS INTENSAS CHUVIAS
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, solicita ao ente público autonómico Augas de Galicia a limpeza do río Baos, que se desbordou debido as intensas chuvias caídas nas últimas horas.
O VINDEIRO 21 DE OUTUBRO DARÁ COMEZO O TALLER DE MEMORIA QUE ORGANIZA O CONCELLO E DO QUE SE FALOU NA CHARLA INFORMATIVA CELEBRADA ONTE, NA QUE TAMÉN SE ANALIZOU O SERVIZO DE TELEASISTENCIA DA CRUZ VERMELLA
Medio cento de persoas asistiron onte en Lourenzá á charla sobre a teleasistencia domiciliaria da Cruz Vermella e á xuntanza relativa ao taller de memoria, que organiza un ano máis o Concello.
A CASA DO CONCELLO ACOLLERÁ O DÍA 21 DESTE MES UNHA CHARLA SOBRE O PROCESO DE TRAMITACIÓN DE AXUDAS DIRIXIDAS A FOMENTAR A SILVICULTURA NOS MONTES
O Concello de Lourenzá organiza para o vindeiro martes, 21 de outubro, unha charla informativa para dar a coñecer aos veciños o proceso que deben levar a cabo se queren solicitar axudas para fomentar a silvicultura. Están tramitadas a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ofrecen achegas de ata o 50% no investimento de particulares e comunidades de montes que efectúen traballos de poda ou roza forestal.
A ALCALDESA LAURENTINA ANUNCIOU QUE XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA DA XUNTA XUNTOS POLO NADAL, UNHA ACTIVIDADE DIRIXIDA A MAIORES DE 60 ANOS QUE VAIAN PASAR ESAS FESTAS SOAS
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, informou hoxe a través dun bando municipal de que xa se atopa aberto o prazo para inscribirse no programa da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta Xuntos polo Nadal.
O CONCELLO ORGANIZA PARA O 7 DE NOVEMBRO UN OBRADOIRO DE CONSUMO RESPONSABLE DIRIXIDO A MOZ@S DE ENTRE 16 E 30 ANOS
A Concellería de Educación de Lourenzá mantén o prazo aberto para que tódolos mozos e mozas de entre 16 e 30 anos poidan inscribirse no curso Consumo xeito, que se levará a cabo o venres 7 de novembro no salón de actos da Casa do Concello. A actividade forma parte do Plan Activa de formación para a mocidade, posto en marcha pola Xunta de Galicia, e ten carácter gratuíto. Os interesados poden formalizar xa a súa inscrición en horario de 17:00 a 20:00 horas na biblioteca municipal.
18 VECIÑOS DE LOURENZÁ PARTICIPAN NUN CURSO DE INFORMÁTICA QUE SE DESENVOLVERÁ ATA O DÍA 30 DESTE MES
As dependencias da Casa da Xuventude de Lourenzá acollen dende onte un curso de informática organizado polo Concello e a asociación agraria Asaja. Nesta actividade formativa para traballadores agrícolas en activo e os seus fillos e cónxuxes, participan 18 veciños do municipio laurentino.
O curso, que rematará o día 30 deste mes, desenvólvese en horario de nove a doce da noite.
O CONSELLO DA XUNTA APROBA OS ESCUDOS E BANDEIRAS DOS CONCELLOS LUCENSES DE BEGONTE E LOURENZÁ
O Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace aos decretos polos cales se establece a conformación oficial dos escudos e as bandeiras dos concellos de Begonte e Lourenzá, ambos na provincia de Lugo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- …
- seguinte ›
- última »
