A I Marcha Cicloturista Concello de Lourenzá, en Marcha!!!
O vindeiro día 10 de Setembro, as 9:30 h dará saída a 1º Ciclodeportiva de Lourenzá. Unha marcha ciclista de 79 km que recorrera as montañas que rodean o Val de Lourenzá. A subida a Lindín, A Cadeira, O Picato e o tramo final cronometrado dende Tovar novamente a Cadeira farán as delicias dos amantes deste deporte que día a día ve medrar os seus adictos na comarca Mariña.