Novas

O CONCELLO REDUCE AS INDEMNIZACIÓNS POR GASTOS DE DESPRAZAMENTO DOS CONCELLEIROS E OS PLENOS DA CORPORACIÓN CELEBRARANSE CADA DOUS MESES ÁS OITO DA TARDE

No pleno extraordinario da corporación municipal de Lourenzá que se celebrará esta tarde trataranse as propostas da alcaldesa, Rocío López García, para reducir as indemnizacións por gastos de desprazamento dos concelleiros e a periodicidade das sesións plenarias da corporación, que se celebrarán cada dous meses ás oito tarde.

A rexedora explicou que os plenos ordinarios da corporación municipal convocaranse para o terceiro xoves dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro ás 20 horas.

INAUGURADAS A ESCOLA DE VERÁN E AS NOITES ALTERNATIVAS PARA O PÚBLICO INFANTIL E XUVENIL

Lourenzá, 14 de xullo de 2015. O Concello de Lourenzá inaugurou as actividades propostas dentro dos programas Escola de Verán e Noites Alternativas, que se desenvolven dende onte ata a primeira quincena do mes de setembro. Estas iniciativas son posibles grazas a un acordo de colaboración subscrito co Ximnasio Municipal e ofertan unha serie de actividades de tempo libre para os rapaces, xogos e obradoiros cos que aproveitar as horas do verán.