Novas

O CONCELLO ABRIU O PRAZO DE SOLICITUDE DE PERMISOS PARA CELEBRAR AS FOGUEIRAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO, QUE REMATA O DÍA 19 DESTE MES

O Concello de Lourenzá abriu o prazo de solicitude de permisos para celebrar as tradicionais fogueiras de San Xoan e San Pedro, período que remata o día 19 deste mes.

A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, a través dun bando que fixo público hoxe, explica que cada fogueira deberá ter un ou varios responsables que terán que solicitar o permiso para a mesma nas oficinas municipais.

ROBERTO RAMALLAL COMENDEIRO SEGUIRÁ UN ANO MAÍS Á FRONTE DO PRIMEIRO EQUIPO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS

Roberto Ramallal Comendeiro seguirá un ano maís á fronte do primeiro equipo das Escolas Deportivas despois de lograr esta temporada o ascenso a 1ª autonómica na súa primeira temporada no banquillo laurentino.

Roberto centrará a súa atención a partir deste momento xunto coa directiva das Escolas en renovar á maioría do plantel que esta temporada acadou o ascenso despois dun ano en segundo autonómica; así como buscar algún reforzo que poda apuntalar a plantilla para disputar unha liga tan esixente como a de 1ª autonómica.