O CONCELLO CONVOCA UN CONCURSO DE POESÍA CO GALLO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O Concello de Lourenzá convoca un concurso de poesía co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2022. Anunciouno o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
O Concello de Lourenzá convoca un concurso de poesía co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2022. Anunciouno o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
En sesión celebrada o día 21 de abril de 2022, o Pleno do Concello Local aprobou inicialmente o Proxecto de Análise, Descrición, Clasificación, Ordenación e Valoración de Postos de Traballo e confección da Relación de Postos de Traballo(RPT) do Concello de Lourenzá.
O Concello de Lourenzá organiza a Festa do Maio que se celebrará o día 1 do vindeiro mes, domingo. A programación do festexo inclúe o tradicional desfile polas rúas de Vilanova e dous concursos convocados pola Concellería de Cultura: un de decoración de vivendas e comercios e o outro de sombreiros.
O recinto feiral de Vilanova de Lourenzá acolle o 14 de abril, día de Xoves Santo, o festival Vilou Spring Fest, que ten como prato forte a actuación da orquestra Panorama, pero tamén participarán o grupo Nueva Fuerza e os DJ Billy e Dani Rego. Este evento está organizado pola asociación Conde Santo coa colaboración do Concello de Lourenzá. As entradas, que teñen un prezo de 10 euros, xa están á venda en varios establecementos.