Novas

O VINDEIRO MARTES, DÍA 5, OS REIS MAGOS RECIBIRÁN AOS NENOS E NENAS DE LOURENZÁ

Os Reis Magos chegarán a Lourenzá o vindeiro martes, 5 de xaneiro, e recibirán aos nenos e nenas do municipio.

“Seguindo as normas anti-covid, este ano a Cabalgata dos Reis non percorrerá as rúas de Lourenzá e o Concello decidiu que as Maxestades de Oriente recibirán aos nenos e nenas nos baixos do Concello de 5 a 7 da tarde. Tomaranse todas as medidas hixiénicas e de distancia para que a visita sexa o máis segura posible”, explica o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.

O DOMINGO HABERÁ UN CONCERTO DA BANDA DE FOZ NA IGREXA DE SAN ADRIANO

O domingo 27 ás 12:30 horas na igrexa de San Adriano haberá un concerto da Banda de Música de Foz. “Está incluído no programa de dinamización das parroquias, dentro do Plan Único da Deputación. Se a climatoloxía o permite será no campo da igrexa e no caso de chuvia farase no interior e con aforo limitado”, explica Manuel Arango.