Novas
ESTE VENRES, DÍA 15, REANÚDANSE AS REPRESENTACIÓNS DO III CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO CONCELLO DE LOURENZÁ
Este venres, día 15, o grupo de teatro Touporroutou, de Foz, representará no III Certame de Teatro de Lourenzá a obra Comedia bífida. E o sábado 16 será o grupo Carauta Teatro, de Santiago, o que se subirá ao escenario laurentino coa obra Un!dous!tres!. As dúas representacións terán lugar no salón de actos do Concello ás 20:30 horas.
O domingo 17 non haberá representación debido á viaxe que organiza o Concello de Lourenzá a Casar de Periedo (Cantabria), onde participará como concello invitado na XV Feria de la Alubia y la Hortaliza.
O CONCELLO DE LOURENZÁ ORGANIZA UNHA VIAXE Á XV FERIA DE LA ALUBIA Y LA HORTALIZA EN CASAR DE PERIEDO (CANTABRIA)
Preto dun centenar de veciños acompañarán o próximo domingo, 17 de novembro, á alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, a participar como concello invitado na XV Feria de la Alubia y la Hortaliza en Casar de Periedo, localidade do concello de Cabezón de la Sal (Cantabria). A viaxe inclúe degustación do cocido montañés.
Ademais de Lourenzá, nese evento participarán como concellos invitados os de La Bañeza (León), Saldaña (Palencia) e Arnuero (Cantabria).
AS OITO OBRAS SELECCIONADAS PARA O III CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ REPRESENTARANSE DO 2 DE NOVEMBRO AO 1 DE DECEMBRO. NA GALA DE ENTREGA DE PREMIOS ACTUARÁ SERGIO PAZOS
Lourenzá, 25 de outubro de 2019. As oito obras seleccionadas para a terceira edición do certame de teatro Concello de Lourenzá representaranse desde o 2 de novembro ata o 1 de decembro. E na gala de entrega de premios, que será o 14 de decembro, actuará Sergio Pazos.
O CONCELLO OFRECE SERVIZOS DE PODOLOXÍA E FISIOTERAPIA A DOMICILIO GRATUÍTOS PARA MAIORES E DEPENDENTES
Lourenzá, 24 de outubro de 2019. A Concellería de Servizos Sociais de Lourenzá amplía os servizos a persoas dependentes e de libre concorrencia ofrecendo podoloxía e fisioterapia gratuítos para todos os usuarios.
Esta semana a concelleira Mercedes Dengra e a técnico social visitaron aos usuarios para ofrecer estes novos servizos, que teñen moi boa acollida. A partir do vindeiro mes de novembro un especialista en podoloxía e outro en fisioterapia realizarán estes servizos a domicilio.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- …
- seguinte ›
- última »