A ALCALDESA RECOLLEU HOXE EN SANTIAGO UN PREMIO PORQUE LOURENZÁ ESTÁ ENTRE OS 5 CONCELLOS DE GALICIA QUE MÁIS DOAZÓNS DE SANGUE REALIZARON EN 2016
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, recolleu hoxe na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, un premio porque este concello está entre os cinco municipios de Galicia que máis doazóns de sangue realizaron durante o pasado ano 2016.