Novas

A CASA DA XUVENTUDE ACOLLERÁ UN CURSO DE CESTERÍA DE RECICLAXE PARA ADULTOS. A INSCRICIÓN É GRATUÍTA E O PRAZO REMATA ESTE VENRES 11

A Casa da Xuventude de Lourenzá acollerá un curso de cestería de reciclaxe. Esta actividade, que está destinada a persoas adultas, desenvolverase os luns de catro a sete e media da tarde desde o día 14 deste mes de novembro ata o 19 de decembro. A inscrición e gratuíta e o prazo remata este venres, día 11.

Os interesados en participar deben apuntarse nas oficinas da Casa do Concello de Lourenzá ou chamando ao teléfono 982.12.10.06. Para que se celebre o curso é necesario que haxa un mínimo de once persoas inscritas.

COMEZOU O SEGUNDO CAMPIONATO DE PARCHÍS PARA ADULTOS ORGANIZADO POLA CONCELLERÍA DE CULTURA, QUE CONTA CON 8 PARELLAS PARTICIPANTES

A segunda edición do campionato de parchís para adultos organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá, que conta coa participación de oito parellas, acaba de comezar. As partidas dispútanse todos os xoves a partir das cinco da tarde na biblioteca municipal.

A alcaldesa, Rocío López, manifestou hoxe que está “agradecida pola boa acollida que teñen actividades deste tipo, como alternativa ao tempo libre dos veciños e veciñas”.

ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO SERRA DA CADEIRA III REALIZAN TRABALLOS PARA A RESTAURACIÓN AMBIENTAL DAS CONCAS DOS RÍOS BAOS E BATÁN AO SEU PASO POLO MUNICIPIO. A ALCALDESA SUPERVISOU OS LABORES NA PARROQUIA DE SAN ADRIANO

Alumnos do obradoiro de emprego Serra da Cadeira III realizan traballos para a restauración ambiental das concas dos ríos Baos e Batán ao seu paso polo municipio de Lourenzá. A alcaldesa, Rocío López, supervisou os labores na parroquia de San Adriano, concretamente no lugar de Ríos.