A ALCALDESA DESTACA O ÉXITO DA 2ª XORNADA TODOS CARA A TOVAR, CELEBRADA ONTE, POLA AFLUENCIA MASIVA DE VECIÑOS E A IMPORTANTE PARTICIPACIÓN DE ASOCIACIÓNS DO CONCELLO
Lourenzá, 29 de xuño de 2015. A alcaldesa de Lourenzá, Rocio López García, destacou hoxe o éxito da segunda edición da xornada Todos cara a Tovar, celebrada onte con numerosas actividades. A rexedora salientou a afluencia masiva de participantes e a importante implicación de asociacións do municipio.