CREADA EN LOURENZÁ UNHA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS
O Concello de Lourenzá anuncia a creación no municipio dunha asociación de mulleres rurais: “compartimos con moita ilusión a presentación da Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá, unha nova iniciativa que nace coa vontade de crear un espazo de encontro, participación e comunidade para as mulleres da nosa vila”.
