Novas

A RIBADENSE BELÉN PÉREZ TEIJO FOI A GAÑADORA DO 19º CONCURSO FOTOGRÁFICO FESTA DA FABA

Belén Pérez Teijo, de Ribadeo, coa serie de fotos titulada Érase unha vez nas Terras da Faba, foi a gañadora da décimo novena edición do concurso fotográfico Festa da Faba organizado polo Concello de Lourenzá. Belén Pérez Teijo presentouse baixo o pseudónimo Contacontos.

O premio, de 500 euros, será entregado durante os actos da vixésimo quinta Festa da Faba, que se celebrarán este vindeiro fin de semana, concretamente na tarde do domingo, día 4 de outubro.

O CONCELLO ULTIMA OS PREPARATIVOS PARA A 25ª FESTA DA FABA, NA QUE HABERÁ DEGUSTACIÓNS, MERCADOS, PREGÓN, EXPOSICIÓNS, COMPETICIÓNS DEPORTIVAS, ACTUACIÓNS MUSICAIS, RUTA DE TAPAS E OUTRAS ACTIVIDADES ESTA FIN DE SEMANA.

Lourenzá, 29 de setembro de 2015. O Concello de Lourenzá está ultimando os preparativos para a celebración da 25ª edición da Festa da Faba esta fin de semana, do venres 2 ao domingo 4. Durante estes tres días haberá numerosas actividades, como degustacións, mercados, pregón, exposición, competicións deportivas, actuacións musicais e ruta de tapas nos establecementos hostaleiros da vila.

PRESENTOUSE HOXE O CARTEL DA XXV FESTA DA FABA, OBRA DO ARTISTA ALFOCENSE HIPÓLITO XEADA. O FESTEXO, QUE SE CELEBRARÁ DO 2 AO 4 DE OUTUBRO, SERÁ PREGOADO POLOS LAURENTINOS XOSÉ LÓPEZ GONZÁLEZ E JOSE MARÍA GARCÍA FERNÁNDEZ

O cartel da XXV edición da Festa da Faba de Lourenzá, obra do artista alfocense Hipólixo Xeada, foi presentado hoxe pola alcaldesa, Rocío López García; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron; e o edil de Festas, Francisco Dasilva Rivas. O festexo, que se celebrará do 2 ao 4 de outubro, será pregoado polos laurentinos Xosé López González e José María García Fernández. Ademais o goberno local anunciou hoxe que o primeiro mercado semanal de venta de fabas desta tempada desenvolverase o vindeiro domingo, día 27.