Novas

ÉXITO DA FESTA DE CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS


 Espectacular o ambiente de festa vivido na Clausura desta temporada. Con  preto de 600 comensais para a cea baile, a directiva das Escolas fixo un traballo impresionante para que todo o mundo disfrutara ata as tantas da madrugada dun fin de festa digno de mención.

A PRIMEIRA ETAPA DA VII VOLTA CICLISTA ÁS COMARCAS DE LUGO TERÁ A SAÍDA E A CHEGADA EN LOURENZÁ ESTE VENRES DÍA 30 DE MAIO

O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou, esta mañá, a VII Volta Ciclista ás comarcas de Lugo, que organiza da Deputación en colaboración co Club Ciclista Cidade de Lugo. Esta cita co ciclismo celebrarase esta fin de semana, en tres etapas, e contará coa participación de 15 equipos procedentes de distintos puntos do Estado.