Novas

LOURENZÁ, SEDE OFICIAL DO PLAY OFF POR UNHA PRAZA PARA DISPUTAR O ASCENSO Á LIGA FEMININA

Os vindeiros 10 e 11 de Maio disputarase no Pavillón Municipal de Lourenzá o Play Off de Ascenso para buscar unha praza entre os equipos clasificados do 2º ó 5º que dispute o Ascenso a Nacional xunto co Universidade de Salamanca.
O sábado 10 de maio serán as semifinais ás 17:00 e 19:00 horas.
O domingo 11 de mario será a final ás 12:30 horas e o 3º/4º posto ás 10:30 horas.
Tan pronto teñamos o luns os emparexamentos serán publicados!!!

A ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ DISFRUTOU DUNHA INTERESANTE RUTA A FIN DE SEMANA

Este pasado sábado día 27 a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá viaxou ata o Concello de Riveira para disfrutar da Ruta do Faro. A ruta discorreu dende o Dolmen de Axeitos ata o Faro de Corrubedo un percorrido duns 12 km cunhas vistas espectaculares, unha combinación de monte e mar que permite disfrutar da natureza no seu estado máis puro. Logo de repoñer forzas nun restaurante da zona, subimos ata a Pedra da Ra para volver a disfrutar doutras espectaculares vistas.

A FESTA DO MAIO CELEBRARASE ESTE XOVES CO TRADICIONAL PERCORRIDO POLAS RÚAS DE VILANOVA. A MADALENA, QUE NESTA OCASIÓN FOI ELIXIDA POR SORTEO, SERÁ A RAPAZA LAURENTINA FÁTIMA REINO REIGOSA. DESPOIS DO DESFILE HABERÁ UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL

A Festa do Maio celebrarase este xoves co tradicional percorrido polas rúas de Vilanova, que empezará ás 16:30 horas e no que A Madalena, que nesta ocasión foi elixida por sorteo, será a rapaza laurentina Fátima Reino Reigosa. Despois do desfile haberá unha representación teatral no salón de actos da Casa do Concello.

ÉXITO DO CONCERTO DE ACORDEÓNS QUE TIVO LUGAR ONTE, DOMINGO

O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá estivo onte, domingo, ateigado de público que asistiu ao concerto do Grupo de Acordeóns do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, formación dirixida polo laurentino Lino Rico e que conta con músicos de 8 a 80 anos de idade. A actuación foi organizada pola comisión de festas de Santa Cruz 2014 coa colaboración do Concello de Lourenzá.