Novas

O XI TORNEO DE BALONCESTO FEMININO LOURENZÁ EN XOGO DISPUTARASE DO 17 AO 19 DE ABRIL E CONTARÁ CON 20 EQUIPOS

Onte presentouse a XI edición do torneo de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo. No acto estiveron Emma Álvarez Chao (alcaldesa de Lourenzá); Manuel Otero Méndez (responsable do Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia); Pablo Maseda Fernández (concelleiro de Deportes en Lourenzá); e Mariano De La Torre Galindo (adestrador do equipo de Segunda Autonómica), entre outras persoas. Tiveron especial protagonismo os equipos infantil e cadete.

A ALCALDESA AGRADECE O TRABALLO DA FUNDACIÓN TIC NA ELABORACIÓN DUN VÍDEO DE PROMOCIÓN DA FESTA DA FABA, QUE FOI PRESENTADO HOXE, E SOLICITA Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL AXUDA ECONÓMICA PARA A VINDEIRA EDICIÓN DO EVENTO

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, agradece publicamente o traballo realizado pola Fundación TIC na elaboración dun vídeo de promoción da Festa da Faba, que foi presentado hoxe, e solicita á Deputación Provincial axuda económica para vindeira edición do evento, como reciben outras festas de interese turístico galego.