Novas

O TALLER DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN EXPLOTACIÓNS DE HORTA TIVO UNHA VINTENA DE PARTICIPANTES

O concello de Lourenzá acolleu un taller de prevención de riscos laborais en explotacións de horta, actividade promovida polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), da Consellería de Traballo e Benestar, da Xunta de Galicia. Participaron unha vintena de persoas, titulares de explotacións gandeiras e de horta, que abordaron os perigos máis frecuentes aos que se soen afrontar no seu día a día para tratar de poñerlles solución, coa axuda dunha técnica en prevención de riscos laborais.

A MADALENA PARA O DESFILE DO MAIO QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO DÍA 1 POLAS RÚAS DE VILANOVA ELIXIRASE NESTA OCASIÓN POR SORTEO ENTRE AS NENAS E RAPAZAS DE 10 A 17 ANOS QUE SE PRESENTEN. O PRAZO REMATA ESTE VENRES, 25 DE ABRIL

A Madalena para o Desfile do Maio que se celebrará o vindeiro día 1 polas rúas de Vilanova de Lourenzá elixirase nesta ocasión por sorteo entre as nenas e rapazas do concello con idades comprendidas entre 10 e 17 que se presenten. O prazo remata este venres, 25 de abril.

A BIBLIOTECA MUNICIPAL CONVOCA O CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2014. PODEN PARTICIPAR NEN@S E RAPACES DE ATA 16 ANOS E O PRAZO PARA PRESENTAR OS TRABALLOS REMATA O 9 DE MAIO

A biblioteca pública municipal de Lourenzá convoca a fase local do certame de narración e debuxo Letras Galegas 2014, no que poden participar nen@s e rapaces de ata 16 anos. O prazo para presentar os traballos remata o día 9 de maio.
A tema proposto nesta edición do certame é Cociñando Contos e hai tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos. O fallo do xurado local farase público antes do Día das Letras Galegas.