Novas

TAIMARA SUERO ATERRIZA DE NOVO

Por segunda temporada consecutiva a exinternacional cubana aterriza no equipo de basket de Nacional. TAIMARA SUERO CORONADO (Cuba - 1979); é unha escolta de 1,74 que foi internacional dende os anos 1996 ó 2007 con Cuba, coa que ganou a medalla de ouro dos xogos panamericanos 2003 Santo Domingo, Medalla de bronce dos xogos panamericanos 2007 Rio de Xaneiro, e xogou en Europa en Hungría(2007/08), en Liga-2 no Chajeba04 xa en España e máis recentemente no Arxil de Pontevedra na 2010-2011, e tras xogar en Italia e chegou a finais da temporada pasada a Lourenzá.

ALMUDENA PUENTE, OUTRO REFORZO DE LUXO

Almudena Puente poderá debutar esta semana no equipo de Nacional de Juan Nécega. Esta pívot, formada nas categorías inferiores do Ensino participou durante dúas temporadas en Liga Feminina-2 co Maquinaria Durán Ensino e o ano pasado xogou en Nacional con Maristas Coruña. Esta xogadora reforzará sen dúbida o xogo interior do equipo, algo que buscaba o técnico Juan Nécega.

OITO RÚAS DE VILANOVA ESTARÁN PECHADAS AO TRÁFICO DURANTE A FESTA DA FABA E OS FESTEXOS DE SAN MARCIAL E HABERÁ OUTROS CAMBIOS. FORON ANUNCIADOS POLA ALCALDESA A TRAVÉS DUN BANDO

Lourenzá, 30 de setembro de 2013. A celebración da Festa da Faba e dos festexos de San Marcial orixinará modificacións no tráfico de vehículos en Vilanova de Lourenzá entre as que destacan o peche de oito rúas. Eses cambios foron anunciados pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, a través dun bando.

A rúa Paseo de Oya xa estará cortada dende mañá, martes, día 1 de outubro, ás 13 horas e a Praza César Chavaría permanecerá pechada dende as 15 horas do mércores, 2 de outubro.

3 TRIUNFOS E 7 PODIUMS DESFIANDO A AUGA NA POPULAR DE VIVEIRO!!

No día de onte os intrépidos atletas das E.D. Lourenzá Mondoñedo desafiaron a auga participando na Carreira Popular de Viveiro. En total preto de 200 participantes na proba. Noraboa a todos polo esforzo realizado, e desexar unha rápida recuperación a Claudia Graña que no día de onte volvía para a casa lesionada.

Resultados de pódiums:

PITUFOS FEMININO: 1ª – Diana Lastra. 2ª - Carmen García.

BX. FEMININO: 1º- Ana Vallinez.2ª- Ainara Rguez.

AV. FEMININO: 1ª – Claudia Graña.