Novas

A SALA MULTIUSOS DO TORREÓN DOS FRADES ACOLLERÁ UN CURSO DE BAILE DE SALÓN PARA NENOS E ADULTOS A PARTIR DO 2 DE OUTUBRO

Lourenzá, 26 de setembro de 2013. O vindeiro mércores, día 2 de outubro, ás 22:15 horas empezará en Lourenzá un curso de baile de salón para nenos e adultos, que se desenvolverá na sala multiusos do Torreón dos Frades.

Será impartido pola escola de baile Goldance, constará de dez clases e os teléfonos de contacto para os interesados son 620.770.388 e 680.725.978.

OITO ESTABLECEMENTOS DE VILANOVA OFRECERÁN 20 TAPAS DE BALDE NA SEXTA RUTA DA FESTA DA FABA DE LOURENZÁ, DO 4 AO 6 DE OUTUBRO. O PRIMEIRO DÍA HABERÁ CANTOS DE TABERNA NAS RÚAS E NOS LOCAIS PARTICIPANTES

Lourenzá, 25 de setembro de 2013. A sexta edición da ruta de tapas con fabas de Lourenzá, que organiza o Concello, conta coa participación de oito establecementos hostaleiros de Vilanova, que ofrecerán 20 tapas de balde do 4 ao 6 de outubro. Na tarde noite do primeiro día haberá cantos de taberna nas rúas e nos locais participantes.

Descargar folleto en PDF

AS E.D. LOURENZÁ MONDOÑEDO TEÑEN NOVO EQUIPO SENIOR DE BASKET FEMININO

As E.D. Lourenzá Mondoñedo teñen novo equipo sénior de basket feminino. No dia de hoxe, que era o última para inscribir o equipo, concretouse de forma oficial a inscripción para participar na Liga Provincial de Lugo e Coruña.

Así pois, por primeira vez na historia as Escolas presentarán dous equipos en ámbito sénior feminino, un en Nacional e outro en Provincial.

O CONCELLO ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DO TALLER DE MEMORIA. OS/AS INTERESADOS/AS EN PARTICIPAR PODEN INSCRIBIRSE ATA O VINDEIRO 11 DE OUTUBRO NO CENTRO SOCIAL TORREÓN DOS FRADES

Lourenzá, 24 de setembro de 2013. O Concello organiza unha nova edición do taller de memoria. A inscrición está aberta e rematará o 11 de outubro, tal e como informa a alcaldesa, Emma Álvarez, a través dun bando.

O taller será impartido polo departamento de Servizos Sociais do Concello. No bando sinálase que “para realizar a inscrición hai que achegarse ata o centro social Torreón dos Frades de 10 a 13 horas ou poñerse en contacto con Dolores Villasuso, a educadora familiar, chamando ao seguinte teléfono: 982 12 10 36”.

O PASADO SÁBADO O 21 DE SETEMBRO DE 2013 A ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ ORGANIZOU UNHA ANDAINA POLA RUTA DO CARES

O pasado sábado 21 de Setembro de 2013, a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, organizou unha ruta que ningún sendeirista debería deixar de facer, a Ruta do Cares. Nela participaron unhas 40 persoas, que tras percorrer uns 23, 5 km aproximadamente cruzaron de Posada de Valdeón a Poncebos, repoñendo forzas en Caín. A ruta tivo, como non podía ser doutro xeito, unha gran aceptación e os sendeiristas deron fe da preciosidade da mesma e os encantos que esconde, magnificados polo impresionante dia do que se disfrutou.