Novas

A Casa do Concello acolleu hoxe a presentación dun libro sobre o Pazo de Tovar. A alcaldesa, Emma Álvarez, destacou a importancia cultural e turística do edificio e agradeceu a colaboración do seu propietario.

Lourenzá, 22 de marzo de 2013. A Casa do Concello de Lourenzá acolleu hoxe a presentación do libro titulado El pazo de Tovar: espacios, perspectivas, tiempos. Durante o acto a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, destacou a importancia cultural e turística do edificio situado na parroquia de Santo Tomé e agradeceu a colaboración do seu propietario, José Ventoso.

Os alumnos de Primaria do Ceip Juan Rey, de Lourenzá, visitaron hoxe a exposición Mulleres no obxectivo

Os alumnos de Primaria do Ceip Juan Rey, de Lourenzá, visitaron hoxe a exposición Mulleres no obxectivo, composta por 23 imaxes de fotoxornalistas galegos, mostra que foi inaugurada con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres e que está aberta na Casa da Cultura de Lourenzá ata este venres, día 22. Recibiron as explicacións da técnica de Cultura do Concello, María José López Noceda.

Equipos de País Vasco, La Rioja, Comunidad Valenciana e Galicia participarán no Décimo Torneo de Baloncesto Feminino organizado polo Concello, que se celebrará do 28 ao 30 deste mes no Polideportivo Municipal

Lourenzá, 19 de marzo de 2013. O polideportivo municipal de Lourenzá acollerá do 28 ao 30 deste mes de marzo a décima edición do torneo de baloncesto feminino que organiza o Concello e no que participarán equipos de catro comunidades autónomas. Na programación deste evento deportivo inclúense varias actividades paralelas.