Novas

OS MAIORES E O PERSOAL DO CENTRO DE DÍA DE LOURENZÁ VISITARON O PAZO DE TOVAR, ONDE FORON CONVIDADOS POLO CONCELLO A UNHA MERENDA

Os maiores e o persoal do Centro de Día de Lourenzá gozaron dunha visita guiada polo interior do Pazo de Tovar, que está en Canedo, na parroquia laurentina de Santo Tomé. Posteriormente foron convidados polo Concello a unha merenda.

Nesta excursión os usuarios do Centro de Día de Lourenzá estiveron acompañados por familiares, que se achegaron ao Pazo de Tovar para compartir esta xornada en conmemoración do Día da Familia.

A esta actividade acudiu tamén a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López.

A ALCALDESA ENTREGOU OS PREMIOS DO CAMPIONATO DE PARCHÍS ORGANIZADO POLO CONCELLO, NO QUE PARTICIPARON SETE PARELLAS

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, entregos os premios da segunda edición do campionato de parchís organizado polo Concello, no que participaron sete parellas.

O primeiro premio foi para Berta Lagarón e María Antonia López e como subcampioas quedaron Mari Carmen Vila e Natividad Rivas.

Os premios consistiron en trofeos do Concello de Lourenzá e agasallos das firmas colaboradoras, que foron as adegas Valdamor e Gran Bazán.

A TERCEIRA EDICIÓN DO EVENTO TODOS A TOVAR, QUE SERÁ A PRIMEIRA XUNTANZA CAMPESIÑA, CELEBRARASE O 3 DE XUÑO. FOI PRESENTADO POLA ALCALDESA, CONCELLEIROS E REPRESENTANTES DE ASOCIACIÓNS DO MUNICIPIO

Lourenzá, 21 de maio de 2017. A terceira edición do evento Todos a Tovar, que será primeira xuntanza campesiña, celebrarase o día 3 de xuño, sábado, a partir das cinco da tarde. Foi presentado pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; concelleiros e representantes de asociacións do municipio.

A DELEGACIÓN MUNICIPAL DE DEPORTES ORGANIZA A PRIMEIRA MILLA POPULAR CONCELLO DE LOURENZÁ, QUE SE CELEBRARÁ O 29 DE XULLO

A Delegación Municipal de Deportes organiza a primeira Milla Popular Concello de Lourenzá, que se celebrará o día 29 de xullo, sábado.

Anunciouno hoxe o concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva, quen explicou: “contaremos coa colaboración das dúas entidades deportivas que temos na vila en materia de atletismo: o Club Atletismo Lourenzá e as Escolas Deportivas Lourenzá; así como de Protección Civil, para o bo desenvolvemento da proba”.