A ALCALDESA AFIRMA QUE O ORZAMENTO MUNICIPAL DESTE ANO, APROBADO EN PLENO ONTE, É REALISTA, EQUILIBRADO E SOSTIBLE
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, afirma que o orzamento do Concello para este ano 2017, que foi aprobado nun pleno da corporación municipal celebrado onte, xoves, é realista, equilibrado e sostible. Ascende a 2.125.000 euros.