Lourenzá, 26 de xuño de 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou hoxe, venres, licitar por case 260.000 euros as obras de renovación do firme da estrada LU-P-2804, que é a vía que comunica os lugares de Pedrón e A Cazolga, no Concello de Lourenzá. As melloras afectarán a algo máis de catro quilómetros desde o inicio da estrada e terán un prazo de execución de 4 meses. Consistirán na reapertura de cunetas, a mellora da drenaxe e do firme e a reposición da sinalización vertical.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca “o compromiso da Deputación e concretamente da presidenta, Carmela López, que recentemente estivo vendo o lugar, xunto aos veciños explicámoslle as necesidades e atendeu a nosa petición, co que se vai poñer solución a ese problema en pouco tempo, o que permitirá mellorar a seguridade desa vía para os vehículos e tamén para os peóns”.
